Ayuntamiento de A Coruña

03/14/2026 | Press release | Distributed by Public on 03/14/2026 06:29

A 19º Feira Matemática congrega na Coruña a máis de 1.500 asistentes

Cando:

14 de marzo de 2026

A 19º Feira Matemática congrega na Coruña a máis de 1.500 asistentes

O evento educativo celebrado en Palexco virou este ano ao redor da intelixencia artificial e o pensamento computacional

Máis de 400 persoas -incluíndo a 314 alumnos inscritos e 86 profesores- participaron na organización das diferentes actividades educativas da 19º Feira Matemática, celebrada en Palexco e organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) en colaboración con o Concello. Xogos, retos, monólogos e concursos aos que asistiron, en total, máis de 1.500 persoas.

A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación desta materia de forma lúdica e divertida, e está dirixida ás alumnas e alumnos de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, así como ao profesorado e ao público en xeral. Cada centro, cada profesor, cada grupo de alumnos, puideron expoñer unha ou máis propostas ou actividades matemáticas, explicou o concelleiro de Eduación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.

Na edición deste ano, a iniciativa tratou o tema da intelixencia artificial e o pensamento computacional, dúas materias de actualidade que son unha fonte de continua innovación e desenvolvemento no campo das ciencias.

Ayuntamiento de A Coruña published this content on March 14, 2026, and is solely responsible for the information contained herein. Distributed via Public Technologies (PUBT), unedited and unaltered, on March 14, 2026 at 12:30 UTC. If you believe the information included in the content is inaccurate or outdated and requires editing or removal, please contact us at [email protected]