10/04/2025 | Press release | Distributed by Public on 10/04/2025 03:08
4 de outubro de 2025
Durante estas charlas, persoal municipal da área de Seguridade Cidadá trasladará recomendacións para a prevención de incendios nas vivendas e explicarán como actuar de maneira adecuada no caso de emerxencia.
Persoal municipal da área de Seguridade Cidadá achegarán recomendacións básicas para a prevención e actuación ante incendios
O Concello colabora coa Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana (FAVA) na posta en marcha dun ciclo de charlas formativas baixo o título "Prevención de incendios no fogar". O obxectivo é achegar á veciñanza consellos prácticos de seguridade e actuación en caso de incendio doméstico.
Durante estas charlas, persoal municipal da área de Seguridade Cidadá trasladará recomendacións para a prevención de incendios nas vivendas e explicarán como actuar de maneira adecuada no caso de emerxencia. Ademais, as presentacións incluirán vídeos explicativos e abrirase un espazo para que as persoas asistentes poidan resolver todas as súas dúbidas.
A alcaldesa, Inés Rey, subliñou a importancia desta iniciativa: "As institucións temos que estar preto da cidadanía non só para xestionar os grandes servizos, senón tamén para acompañar en cuestións tan sensibles como a seguridade no día a día. A prevención é a mellor ferramenta para evitar riscos e dar tranquilidade ás familias".
Así mesmo, lembrou que esta non é a primeira vez que se celebran encontros desta natureza, xa que "a petición das asociacións veciñais vimos colaborando en xornadas semellantes en materia de seguridade que teñen unha gran acollida e que demostran a utilidade de traballar da man do tecido asociativo para mellorar a vida da veciñanza".
Con esta nova edición, a FAVA e o Concello, a través da área de Seguridade Cidadá, reafirman o seu compromiso coa seguridade cidadá e coa creación de fogares máis seguros, promovendo a concienciación e a prevención como ferramentas fundamentais.
Calendario de encontros
As sesións celebraranse ás 18.30 horas nas seguintes datas e localizacións: