FEGAMP - Federación Galega de Municipios e Provincias

09/17/2025 | News release | Distributed by Public on 09/17/2025 10:20

A FEGAMP promove minutos de silencio nos concellos e deputacións este venres 19 de setembro en solidariedade co pobo palestino en Gaza

Así o acordou a súa Comisión Executiva fronte a recrudecimento da situación coa nova ofensiva militar despregada por Israel en Gaza e o mantemento do bloqueo humanitario.

Deste xeito, o municipalismo galego recolle o sentir da cidadanía galega como organización dos concellos e as deputacións galegas, institucións democráticas firmemente comprometidas cos valores da paz, da xustiza e os dereitos humanos.

Sa n tiago de Compostela, 17 de setembro de 2025.- A Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) aprobou promover a celebración de minutos de silencio ou outras iniciativas públicas este venres 19 de setembro nos concellos e deputacións galegas condenando a ofensiva militar e o mantemento do bloqueo humanitario executado polo goberno de Israel contra o pobo palestino de Gaza.

Esta iniciativa solidaria poderá celebrarse nas portas dos concellos e das deputacións na hora que cada institución decida para facilitar a participación, e se poderá acompañar coa lectura de textos nos que se demande que o goberno israelí cese os ataques e a ocupación militar contra a poboación palestina de Gaza.

Con esta iniciativa, a FEGAMP recolle o sentir da cidadanía galega como organización dos concellos e as deputacións galegas, institucións democráticas firmemente comprometidas cos valores da paz, da xustiza e os dereitos humanos.

O presidente da FEGAMP, Alberto Varela, anima a todo o municipalismo galego a implicarse e a implicar ás súas veciñanzas nesta iniciativa "sendo hoxe unha prioridade para a cidadanía galega parar o xenocidio en Gaza".

FEGAMP - Federación Galega de Municipios e Provincias published this content on September 17, 2025, and is solely responsible for the information contained herein. Distributed via Public Technologies (PUBT), unedited and unaltered, on September 17, 2025 at 16:20 UTC. If you believe the information included in the content is inaccurate or outdated and requires editing or removal, please contact us at [email protected]