Ayuntamiento de A Coruña

01/10/2025 | Press release | Distributed by Public on 01/10/2025 07:17

Xosé A. Touriñán e Javier Veiga ofrecerán un monólogo solidario no Teatro Colón o xoves 16

Cando:

10 de xaneiro de 2025

Xosé A. Touriñán e Javier Veiga ofrecerán un monólogo solidario no Teatro Colón o xoves 16

As entradas, a un prezo de 10 euros, sairán á venda este sábado ás 11.00 horas

O vindeiro xoves 16 de xaneiro celebrarase no Teatro Colón un monólogo solidario que contará con dous dos humoristas máis populares e consagrados de Galicia e España. Trátase de Xosé A. Touriñán e Javier Veiga, dúas figuras fundamentais do humor galego que é habitual velos sobre as táboas do teatro coruñés.

O espectáculo humorístico solidario destinará o recadado á asociación Ecos do Sur, unha ONG a prol dos Dereitos Humanos e das persoas migrantes que desde 1991 leva axudando a máis de 21.000 persoas se integren na comunidade. "O Goberno de Inés Rey cre que a cultura é un espazo fundamental para promover causas solidarias e por iso promovemos este evento tan especial e que reunirá a dúas persoas moi queridas polo público coruñés", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

O espectáculo dará comezo ás 20.00 horas do vindeiro xoves 16. As entradas para a función poranse á venda este sábado, 11 de xaneiro, a través de Ataquilla. Xosé A. Touriñán regresa deste xeito ao Teatro Colón só unhas semanas despois de bater o récord absoluto de espectadores dun só espectáculo coas tres temporadas de 'Somos criminais', que coprotagoniza xunto a Carlos Blanco. Por outra banda, Javier Veiga é outro dos habituais na cidade, xa que participa activamente no Encontro Mundial de Humorismo.