Ayuntamiento de A Coruña

01/24/2025 | Press release | Distributed by Public on 01/24/2025 04:00

O Concello estende o proxecto piloto de comercio seguro á rúa da Gaiteira e á prolongación da rúa Barcelona

Cando:

24 de xaneiro de 2025

O Concello estende o proxecto piloto de comercio seguro á rúa da Gaiteira e á prolongación da rúa Barcelona

Esta iniciativa do Goberno de Inés Rey conecta aos comerciantes coa Policía Local a través dunha aplicación

O proxecto piloto da aplicación de reforzo da seguridade nos comercios esténdese estes días á rúa da Gaiteira e á prolongación da rúa Barcelona. Esta iniciativa do Goberno de Inés Rey ten como obxectivo que as persoas responsables dos negocios poidan ter unha comunicación máis fluída e directa coa Policía Local en caso de calquera incidencia. O luns iniciarase a campaña de captación de novos negocios, que serán convocados a unha reunión informativa no Centro Sociocultural Ágora nas vindeiras semanas.

Este proxecto foi presentado pola propia alcaldesa ás asociacións veciñais durante a Mesa de Seguridade e Convivencia celebrada no pasado mes de outubro e forma parte do novo Plan Local de Seguridade, que consta de diferentes liñas de acción e coordina aos corpos de seguridade. A través deste proxecto piloto, os comerciantes teñen acceso a unha aplicación que os conecta directamente coa Policía Local. Deste xeito, poden notificar en tempo real calquera incidencia que requira a intervención de axentes no establecemento.

Na primeira fase deste plan piloto adheríronse un total de 77establecementos, situados nas rúas Barcelona e Alcalde Marchesi, que foron seleccionadas polo Concello debido á súa alta actividade comercial. Trátase de 41e 36locais, respectivamente, os que xa contan con toda a información e puideron comprobar durante estes meses o funcionamento da aplicación. Neste período unicamente se produciu unha incidencia, que foi resulta coa presencia dunha patrulla en poucos minutos,o que evidencia o papel disuasorio desta iniciativa, que conta con carteis identificativos en cada comercio adherido.

"Tras analizar os primeiros resultados e comprobar o seu bo funcionamento, desde o Goberno de Inés Rey sumaremos novas zonas comerciais como a rúa da Gaiteira e a prolongación da rúa Barcelona para seguir recollendo información e mellorando o día a día do noso comercio", sinalou Montserrat Paz, concelleira de Seguridade Cidadá.

Ayuntamiento de A Coruña published this content on January 24, 2025, and is solely responsible for the information contained herein. Distributed via Public Technologies (PUBT), unedited and unaltered, on January 24, 2025 at 10:00 UTC. If you believe the information included in the content is inaccurate or outdated and requires editing or removal, please contact us at [email protected]