Ayuntamiento de A Coruña

05/08/2026 | Press release | Distributed by Public on 05/08/2026 08:14

Inés Rey pon en valor o enxeño e creatividade do alumnado dos 17 centros educativos galegos que participaron na V Liga Maker Drone na Coruña

Cando:

8 de maio de 2026

Inés Rey pon en valor o enxeño e creatividade do alumnado dos 17 centros educativos galegos que participaron na V Liga Maker Drone na Coruña

O Coliseum acolleu hoxe a entrega de premios aos centros educativos gañadores da Liga Maker Drone

A alcaldesa tomou parte na entrega de premios, celebrada este venres no Coliseum. O CPR Plurilingüe Montecastelo reeditou a súa vitoria do ano pasado neste certame organizado pola Fundación Barrié e o ITG

O Coliseum da Coruña abriu hoxe as súas portas aos máis de 170 alumnos e alumnas participantes na V Liga Make Drone, unha iniciativa organizada pola Fundación Barrié e o ITG que congregou a 17 centros educativos de toda Galicia nunha xornada na que as rapazas e rapaces amosaron a súa capacidade para resolver o reto de deseñar, programar e voar un sistema dron orientado a efectuar tarefas de mantemento en altura.

O desafío coroou novamente ao CPR Plurilingüe Montecastelo (Vigo) como gañador do certame, reeditando así a súa vitoria do ano pasado. O premio foi entregado pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey; Pilar Romero Vázquez-Gulías, presidenta da Fundación Barrié; e Carlos Calvo Orosa, director general do ITG.

A rexedora, acompañada no acto polo concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, puxo en valor a implicación, enxeño e capacidade creativa das e dos alumnos que tomaron parte nesta edición da Liga Maker Drone, que tamén recoñeceu o labor doutros catro equipos participantes: o IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos), que recibiu o premio ao mellor deseño; o CPR Las Acacias (Vigo), que obtivo un recoñecemento por presentar a solución máis disruptiva; o IES Isaac Díaz Pardo de Sada (A Coruña) acadou o premio á destreza en voo; e o IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz (Lugo), que se levou o premio á mellor presentación.

Ayuntamiento de A Coruña published this content on May 08, 2026, and is solely responsible for the information contained herein. Distributed via Public Technologies (PUBT), unedited and unaltered, on May 08, 2026 at 14:15 UTC. If you believe the information included in the content is inaccurate or outdated and requires editing or removal, please contact us at [email protected]